Información, orientación e asesoramento

Damos resposta de xeito presencial, telefónico e/ou online a necesidades relacionadas coa sexualidade de persoas con discapacidade (consulta aquí). Nesta ligazón podes observar as preguntas máis frecuentes (FAQS) que se formularon ao longo do tempo neste Servizo. Posiblemente che sirvan de apoio para crear unha idea da variedade de necesidades e realidades da sexualidade única e irrepetible de cada unha das persoas con discapacidade.