Entidade

O servizo 'Dedaleira' é prestado pola Asociación ACADAR, en colaboración coa Xunta de Galicia e co apoio de COGAMI.

ACADAR, A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, é unha entidade sen ánimo de lucro constituída no ano 2009 coa finalidade de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade galegas, de conseguir o seu apoderamento, de reivindicar o cambio social e ofrecer servizos que correspondan coas as súas necesidades e expectativas.