Entidades

COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública e constituída por 58 asociacións e delegacións de entidades de persoas con discapacidade física e orgánica. Presta servizos ás persoas con discapacidade e xestiona directamente 11 iniciativas empresariais de economía social que empregan a máis de 800 persoas.

ACADAR, A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia é unha entidades en ánimo de lucro constituída no ano 2009 coa finalidade de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade galegas, de conseguir o seu empoderamento, de reivindicar o cambio social e ofrecer servizos que correspondan coas as súas necesidades e expectativas.