Formación

Sobre todo como profesionais (ou familias, ou persoas socias dunha entidade, da Admón. Pública...), existe a necesidade de formarnos continuadamente naqueles aspectos que percibimos como importantes e/ou urxentes para o ‘ben facer’ profesional. Neste sentido, ‘Dedaleira’ é unha ferramenta onde atoparedes calidade e innovación continua. Cremos firmemente na necesidade de achegar a mellor calidade de contidos para aumentar, se cabe, a autonomía na vida sexual das persoas con discapacidade. Ponte en contacto connosco para trasladar que é o que necesitades aprender, cambiar e/ou mellorar e farémosvos unha proposta de contidos e metodoloxía adaptada totalmente. Será unha formación ‘á carta’.