Lorena Boquete Vila

É graduada en psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un mestrado en sexoloxía, educación sexual e asesoramento sexolóxico pola Universidade Camilo José Cela e IUNIVES e un FP superior en promoción da igualdade. Actualmente está cursando o mestrado en psicoloxía xeral sanitaria na UDIMA e o mestrado en formación de profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional na Universidade de Santiago de Compostela. Conta con varios anos de experiencia impartindo formacións e obradoiros en materia de educación sexual e igualdade con diversos colectivos coma alumnado de colexios e institutos, formación profesional e de nivel universitario; tamén con alumnado con necesidades educativas especiais, con persoas con discapacidade usuarias de distintas entidades, así coma con profesionais dos ámbitos educativo, sanitario e social. Ten ademáis experiencia no asesoramento sexolóxico a persoas do colectivo LGTBIQ+ e a persoas con discapacidade.