Que é

É un Servizo de ACADAR, en colaboración con COGAMI, de atención sexolóxica destinado ás persoas con discapacidade, o seu entorno afectivo (parellas, familiares) e persoas do seu entorno social ou institucional. Este servizo, pioneiro en Galicia, foi pensado e creado exclusivamente para acompañar a dar resposta ás necesidades sexuais como persoa cunha discapacidade determinada, desde un enfoque autónomo, profesional e científico.