Profesional

Como profesional que traballas con persoas con discapacidade, podes contar connosco como equipo de referencia en asesoramento sexolóxico. Neste servizo, contarás coa información, asesoramento e orientación en materia de sexualidade que sexa necesaria. Se estás traballando cunha persoa con discapacidade que teña unha necesidade específica de intervención na súa sexualidade, asesoraremos e valoraremos unha posible derivación da persoa usuaria a este servizo. O equipo profesional pode intervir coas persoas usuarias, mais tamén ofrecemos a posibilidade de impartir Formación Especializada adaptada ás necesidades como profesional tanto individuais como grupais. Ademais do dito, entendemos que estes recursos poden ser do teu interese.