Familia

Dedaleira é un servizo no que podedes compartir calquera dúbida sobre a sexualidade desa persoa membro da familia tan importante para ti. Facilitarásevos toda a información, asesoramento e orientación necesaria, en persoa nas oficinas de COGAMI, en dedaleira@cogami.gal ou no 600200022. Pode darse a situación de que esa necesidade familiar ou da persoa con discapacidade requira dunha maior atención e precise dunha intervención. Nese caso, valorarase a necesidade e cal é o mellor plan de acción. Ademais disto, deixámosvos unha relación de recursos que de seguro son de interese para ti ou para vós se é que chegastes ata aquí.