Persoa

Como persoa con discapacidade, podes achegarte ás oficinas de COGAMI, chamar ao 600 200 022 ou en dedaleira@cogami.gal para formular as dúbidas que teñas sobre a sexualidade. O equipo profesional prestarache toda a información, asesoramento e orientación que precises. Esa dúbida pode dar lugar a unha intervención, polo que, en función da túa demanda determinarase que profesional precisas para conseguir o obxectivo. Todo isto levarase a cabo sempre coa túa vontade e autodeterminación, es ti quen toma as decisións. Este servizo é unha ferramenta máis dentro dun espazo privado, íntimo e seguro. Para máis información, estes recursos son para ti.