Persoa

Se eres unha persoa con discapacidade, podes achegarte ás oficinas de ACADAR, chamar ao 600 200 022 ou escribirnos a dedaleira@acadar.org para formular as dúbidas que teñas sobre sexualidade. O equipo profesional prestarache toda a información, asesoramento e orientación que precises. Esa dúbida pode dar lugar a unha intervención, polo que, en función da túa demanda determinarase que profesional precisas. Todo isto levarase a cabo sempre coa túa vontade e autodeterminación: es ti quen toma as decisións. Este servizo é unha ferramenta máis dentro dun espazo privado, íntimo e seguro. Para máis información, estes recursos son para ti.