Profesionais

Como profesional que traballas con persoas con discapacidade, podes contar connosco como equipo de referencia en asesoramento sexolóxico. No Servizo 'Dedaleira' contarás coa información, asesoramento e orientación en materia de sexualidade que sexa necesaria. Se estás traballando cunha persoa con discapacidade que teña unha necesidade específica de intervención na súa sexualidade, asesoraremos e valoraremos unha posible derivación da persoa usuaria a este servizo. O noso equipo profesional pode intervir individualmente coas persoas usuarias, mais tamén ofrecemos a posibilidade de impartir formacións especializadas dirixidas tanto a profesionais coma a persoas con discapacidade que sexan usuarias do voso servizo. Quizais estes recursos poden ser do teu interese.